Moncho Borrajo estrea 2022 celebrando en Pontevedra os seus 50 anos sobre os escenarios
Por Alejandro Espiño
Cincuenta anos. Toda unha vida. É o que leva sobre as táboas o humorista galego Moncho Borrajo que estreará este 2022 celebrando estas cinco décadas sobre o escenario. Unha destas primeiras citas, o domingo 9 de xaneiro ás 19:00 horas, será en Pontevedra.
Borrajo, que nos últimos anos presentou todos os seus novos espectáculos na cidade do Lérez, regresará unha vez máis ao auditorio de Afundación para entreter aos espectadores.
En "50 años", como o seu nome indica, o cómico celebra este aniversario tan especial cun novo espectáculo.
Trátase dun show de hora e media de duración no que Moncho Borrajo reúne algún dos seus mellores textos, cousas novas e un final que, segundo os seus promotores, só el sabe facer.
As entradas para este espectáculo teñen un prezo de 18 euros e pódense adquirir a través da plataforma Ataquilla.com.
Relacionadas:
-
O violín rebelde de Strad chega a Pontevedra
Por Redacción |
-
A 'palabra' de Luis Piedrahita oirase o 21 de xaneiro en Pontevedra
Por Redacción |
-
Mayumaná inclúe a Pontevedra na xira do seu novo e 'eléctrico' espectáculo
Por Alejandro Espiño |
-
Moncho Borrajo fai reir aos seus incondicionais 'a pelo'
Por Redacción & Diego Torrado |