A Biblioteca de Campelo modifica o seu horario
Por Redacción
Como xa ven sendo habitual nestas datas do Nadal, a Biblioteca Municipal de Poio, situada en Campelo, modificará o seu horario de atención ao público.
Deste xeito, a Concellería de Cultura e Educación informa de que as instalacións permanecerán abertas desde o 22 de decembro, e ata o 7 de xaneiro de 2022, en horario matinal, entre as 11.00 e as 14.00 horas. Unha vez superadas estas semanas, as dependencias retomarán o seu horario habitual vespertino, de 16.30 a 19.30 horas.
Ademais, o departamento tamén mantén tradicións como o sorteo dunha Cesta de Nadal entre aquelas persoas que realicen os seus préstamos nesta época do ano. O premio consistirá nun lote composto por diferentes libros, tanto para categoría infantil como adulto.
De cara a finais de ano tamén se fará entrega dunha nova edición dos Premios Lectores. A través desta iniciativa, a Concellería de Cultura e Educación agradece a fidelidade amosada por aquelas persoas que solicitaron un maior número de préstamos durante 2021.
A Biblioteca Municipal de Poio pecha un ano que, tal e como lembra a concelleira Raquel Rodríguez, foi "moi especial", xa que, ademais de aumentar o número de socios e manter "un nivel moi importante na tramitación de préstamos", tamén recibiu o Premio María Moliner por parte do Ministerio de Cultura.
Relacionadas:
-
A literatura xaponesa protagoniza o Día da Poesía na biblioteca de Campelo
Por Redacción |
-
A Biblioteca de Campelo será remodelada e pide unha subvención para renovar o seu equipamento
Por Oskar Viéitez |
-
A biblioteca de Campelo incrementou o número de socios e de préstamos durante este ano
Por Redacción |
-
A biblioteca municipal de Poio gaña o Premio María Moliner
Por Redacción |