Colaboración entre a Banda de Música de Salcedo e a Escola de Danza Deborah no Concerto de Nadal
Por Redacción
O mércores 22 de decembro, a partir das 20.30 horas, o auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá unha nova actuación xa tradicional nestas datas: o concerto de Nadal, que organiza a Asociación Músico Cultural San Martiño.
Nesta ocasión, a Banda de Música de Salcedo, dirixida por Alfredo Sánchez Seara, contará coa colaboración da Escola de Danza Deborah durante a interpretación de 'O Crebanoces' (' The Nutcracker'), de Piotr Ilich Tchaikovsky. Os arranxos desta peza corren a cargo de Julián Oliver e o público poderá ver a interpretación escénica de bailaríns da escola de formación pontevedresa.
Ademais desta obra, o repertorio contará con outras pezas como 'Jordi', pasodobre de José Rafael Pascual Vilaplana; 'Odyssey', de James Curnow; ' American Graphity', de Naohiro Iwai; ou ' Chrstmas Festival', de Leroy Anderson, con arranxos de Robert W. Smith. O concerto finalizará cun tema moi popular nestas datas, 'I all want for Christmas is you', de Mariah Carey, con arranxos de Frank Bernaets.
Desde a organización lembran que para acceder ao Pazo da Cultura será imprescindible presentar o certificado de vacinación ou unha PCR negativa realizada cun máximo de 72 horas ou un test de antíxenos obtido nas 48 horas previas ao concerto. Estas normas entraron en vigor o sábado 18 de decembro por orde da Xunta de Galicia e son de obrigado cumprimento para acceder a recintos pechados.