Despedida do ano cun toque de cor a cargo da Banda de Música de Vilagarcía de Arousa
Por Redacción
A Banda de Música de Vilagarcía, que dirixe Jesús Nogueira, ofreceu un gran concerto este xoves no Auditorio Municipal para concluír o ano.
A agrupación formada por sesenta intérpretes levaba tempo preparando esta cita e logrou a ovación do público. Os músicos iniciaron o concerto cunha homenaxe ás persoas que sufriron as consecuencias da erupción do volcán na Palma durante este 2021. Desta forma interpretaban a obra de José Alberto Pina que leva por título 'Pompeii', na que se ofrece unha interpretación musical da destrución da cidade de Pompeya polo desastre natural ocasionado no monte Vesubio.
Ademais, ofrecéronse pezas de Richard Wagner na primeira parte do recital. A segunda parte centrouse na música habitual destes festivais do Nadal coa interpretación de pezas como polkas e valses da familia Strauss. E como non podía ser doutro xeito, a actuación finalizou coa interpretación da Marcha Radetzky acompañada polas palmas do público