Entrada libre para ver 'Canta 2' no Cine Seixo
Por Redacción
A película infantil 'Canta 2' achegará ás familias ao Cine de Seixo este martes a partir das 18.00 horas cunha sesión organizada pola Asociación de Comerciantes Marín Sur e que se programa nas actividades familiares do Concello de Marín para estas festas.
A entrada será libre ata completar a capacidade do recinto, que é de 190 persoas. A película narra a historia de animais que se dedican á interpretación artística e queren mostrar o seu novo espectáculo nun gran escenario.
CABALGATA DE REIS
O Concello está a traballar na organización da Cabalgata dos Reis Magos do día 5. Desenvolverase en tres estaciones diferentes no centro urbano: a avenida de Ourense á altura de Nodosa, no lateral do Concello e no inicio de Ezequiel Massoni. En cada un destes puntos atoparase un rei.
A partir das 20.00 horas, As súas Maxestades subiranse aos vehículos oficiais para percorrer o centro urbano, Cantodarea, San Xulián, Pardavila, Santomé, Seixo, Ardán, Loira e Mogor.