Regresa o Atlantic Fest e confirma os concertos de Andrés Calamaro, Los Planetas y Fangoria + Las Nancys Rubia
Por Oskar Viéitez
"Levabamos soñando con este momento dous anos e xa chegou!", así celebran desde a organización o regreso do festival Atlantic Fest programado para os días 15, 16 e 17 de xullo no seu formato orixinal, na Praia de A Concha.
Vilagarcía de Arousa leva sendo o fogar do festival desde 2020 e nesta ocasión estrearase o novo recinto a uns metros do mar e do centro da cidade con todas as comodidades que iso implica con todos os servizos e transportes, como estación de tren e autobús a uns metros da porta do festival.
As primeiras confirmacións traen a terras galegas, no seu único concerto en Galicia este verán, a Andrés Calamaro, autor de infinidade de cancións, cualificadas xa de himnos por moitos e que se atopa nun momento da súa carreira brillante, cando acaba de recoller tan só hai uns meses o seu sexto Latin Grammy.
Fangoria + Nacys Rubias son a combinación perfecta para un show que se divide nunha intro de Nancys Rubias de tolemia e un concerto completo de Fangoria con final sorpresa.
Los Planetas chegan con novo disco, Las Canciones del Agua. Son unha das bandas máis queridas pola organización e polos asistentes ao festival, grandes fans da banda granadina.
Entre as primeiras confirmacións atópanse ademais, La Casa Azul, Maria Arnal i Marcel Bagés, Rojuu, Los Hermanos Cubero, El Último Vecino, e catro bandas que presentan o seu primeiro disco en Atlantic Fest, pero que teñen un futuro brillante por diante: Depresión Sonora, Kora, Las Dianas e Rocío Saiz.
As entradas poñeranse á venda o próximo 24 de xaneiro ás 9:00 a través da páxina web www.atlanticfest.com ao prezo de 45 euros só durante as primeiras 24 horas. As entradas adquiridas para Atlantic Fest 2020 son válidas para a edición de 2022.
Relacionadas:
-
Shinova, unha das sorpresas que aínda gardaba o Atlantic Fest
Por Alejandro Espiño |
-
Izal e Quique González redondean o cartel do Atlantic Fest 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Kase.O, Rayden, Arnau Griso, Buhos, García Mc e Balkan Paradise Orchestra actuarán no SonRías Baixas 2022
Por Redacción |
-
Lori Meyers, Coque Malla, Delaporte ou Andrés Suárez nun PortAmérica 2022 que se adianta a xuño
Por Alejandro Espiño |
-
Baiuca, Dubioza Kolektiv, SFDK, Zoo, Ladilla Rusa e Lendakaris Muertos, no Revenidas 2022
Por Redacción |