David Trueba e Arturo Lezcano visitan Cronopios
Por Redacción
A Librería Cronopios xa confirmou as dúas primeiras visitas do ano: David Trueba e Arturo Lezcano.
O vindeiro venres 28 de xaneiro ás 19 horas, David Trueba senta con Xoan Tallón para falar de Queridos niños (Anagrama) a última novela do escritor e director de cinema madrileño.
As súas novelas, publicadas en Anagrama e traducidas a numerosas linguas, fixéronlle gañar a fidelidade dos lectores: Abierto toda la noche (1995), Cuatro amigos (1999), Saber perder (2008, Premio da Crítica e finalista do Premio Médicis na súa edición francesa), Blitz (2015) e Tierra de campos (2017).
E o mércores 3 de febreiro ás 19 horas a xornalista de OndaCero Susana Pedreira entrevista a Arturo Lezcano que vén presentarMadrid, 1983. Cuando todo se acelera (Libros del K.O.) unha crónica histórica fascinante e audaz, entre a nostalxia dun documental dos oitenta e o ritmo vertixinoso dunha nora desbocada.
Arturo Lezcano (Ferrol, 1976) traballou 12 anos como correspondente en Latinoamérica. Colaborou en El País, Gatopardo, O Globo, Jot Down, Vanity Fair, e La Voz de Galicia, entre outros. Creador dos podcasts In situ, La Fortuna, Olafo ou En el corredor de la muerte. Dirixiu A terra onde nin o demo chegou (TVG, 2010) e é guionista de Salvados (La Sexta).