Carlos Blanco e Touriñán están de volta… e media!
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez
Logo do éxito de Somos Criminais, o espectáculo que máis entradas vendeu na historia en Galicia con máis de 50.000, Carlos Blanco e Xosé Touriñán están de volta… e media!
O Pazo da Cultura acolleu esta fin de semana tres pases do espectáculo Somos Criminais III, no que Carlos e Touri analizaron a Galicia e a súa xente para falar de como somos e para saber por que somos como somos.
"Din que as segundas partes nunca foron boas, por iso pasamos directamente á terceira". Un espectáculo completamente novo que comezou unha xira que pasará por 12 localidades galegas.
Nesta fórmula de monólogos cómicos a dous, recrean catro situacións escénicas. Unha delas é un futuro ano 2050 onde Galicia é un emirato de ricos millonarios porque temos auga. A última cea foi nun restaurante galego? A iso tamén responderon no Pazo da Cultura.
Foi un espectáculo para escachar coa risa e esquecerse da pandemia da que non houbo nin unha referencia.