Berto e Mariña Paz unen as súas voces en "O teu mandil ", o seu primeiro tema xuntos
Por Alejandro Espiño
Dous dos artistas máis prometedores do panorama musical pontevedrés, Alberto Mira e Mariña Paz, veñen de editar o seu primeira tema xuntos. O teu mandil é o nome da canción.
Vocalistas de Verto e Furious Monkey House, respectivamente, Berto e Mariña uniron as súas voces nunha canción que, segundo destacan, "é un tema electro-flamenco pensado para o baile e o desfrute do público".
A canción, que se estreou ás 00:00 horas deste venres, xa se pode escoitar en todas as plataformas dixitais.
O teu mandil é o primeiro adianto do novo EP de Berto, chamado Bailar Chikito, no que o compoñente do dúo Verto, agora en solitario, colle os mandos tamén da produción musical.
Relacionadas:
-
Así soa "In the void", o adianto do disco máis escuro e maduro de Furious Monkey House
Por Alejandro Espiño |
-
Furious Monkey House presenta 'In the void' o próximo 19 de xaneiro
Por Oskar Viéitez |
-
Furious Monkey House e Cora Velasco, nun O Son do Camiño con The Chemical Brothers ou Liam Gallagher como estrelas
Por Alejandro Espiño |