Satisfacción no Salón do Libro pola "resposta tan positiva" do público tras anos "complicados"
Por Redacción & Cristina Saiz
Tras dezasete días e máis de trescentas actividades, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil pechou as súas portas. Será, iso si, ata 2023. Faino tras recuperar o seu formato habitual 100% presencial e recibir milleiros de visitas de familias chegadas de toda Galicia.
O broche de ouro a esta edición, dedicada á arte e que tivo a Euskadi como cultura convidada, púxoo o espectáculo Senta que hai baile de Pesdelán, que se representou con gran éxito este domingo no auditorio do Pazo da Cultura.
Durante o acto de clausura, a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, adiantou que o equipo do Salón do Libro comezará a traballar en breve na edición do ano que vén. Ata entón animou a "seguir empregando os libros como instrumento para a paz".
A acollida por parte do público foi excelente e obradoiros, contacontos e actividades para bebés cubriron as prazas, ao igual que sucedeu coas do congreso de mediación lectora.
Nas actividades matinais concertadas, uns 50 colexios de infantil, primaria e secundaria participaron da programación, así como público de asociacións, ciclos formativos, universidades ou escolas de arte, que asistiron a obradoiros, contacontos, espectáculos, encontros con autores ou visitas guiadas.
Un ano máis o Salón chegou a todos recunchos da cidade e esta expansión contou entre outras actividades coa convocatoria das residencias artísticas da man de Espazo Matrioska que deron lugar ao mural elaborado por gañadora Julia Lago, situado nos terreos de Tafisa.
A Orbil Parade incorporou á súa familia de oito, dúas estatuas novas que foron intervidas por alumnado de Bacharelato de Artes da cidade; e houbo actividades en barrios e parroquias, así como roteiros artísticos de carácter familiar pola cidade.
A toda esta actividade sumouse o éxito do préstamo de libros, con 400 exemplares dos 4.000 cos que conta na actualidade a biblioteca do evento.
Relacionadas:
-
'A Cova dos Libros Fantásticos', a biblioteca do Pazo da Cultura con máis de 3.000 libros de literatura galega
Por Almu Dapena |
-
O Salón do Libro 2023, unha homenaxe ao xogo e a Manuel Lourenzo e Maife Quesada
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
O Salón do Libro expande o seu universo cun espazo lector que abrirá todo o ano
Por Alejandro Espiño |
-
Contacontos e obradoiros para celebrar o Mes do Libro na Biblioteca
Por Redacción |
-
'Puede que algún día...', unha novela para "recuperar a confianza perdida"
Por Raquel Currás Martínez |
-
Marica Campo e Xosé Cobas, homenaxeados no Salón do Libro polo seu labor literario
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O Salón do Libro chega o seu ecuador cargado de actividades para todos os públicos
Por Redacción |
-
Espazo Brétema e O Barroquista, protagonistas esta semana da programación para adultos no Salón do Libro
Por Redacción |