Cabos Soltos segue 'dando a nota' e programa cinco novos concertos para comezar o mes de abril
Por Redacción
Cabos Soltos continúa funcionando en Pontevedra como un dos programas municipais máis activos no eido cultural e de ocio.
É un sistema de programación mediante o cal poden ser celebrados concertos, monólogos, mostras e outras citas de relevancia cultural dentro do establecementos pontevedreses, na procura dunha rede de actividade dinámica e activa da que gozar ao longo de todo o ano e todos os días.
Nesta ocasión, o Concello de Pontevedra promove directamente varios concertos ao longo das próximas fins de semana xerando un programa que é complementado cos concertos que outros Establecementos xa tiñan axendados e que en conxunto prometen dar unhas xornadas de ocio diverso e diferente.
A programación comezará o venres 1 coa actuación de Generación Perdida no pub La Pomada a partir das 21.30 horas e seguirá o domingo no Mercado co concerto, ás 13 horas, de Guateque Big Band.
Á fin de semana seguinte, o sábado 9, a praza Celso García de la Riega acollerá, ás 13 horas, o directo de Rusty James & Fringe. E ese mesmo día pola tarde terán lugar os concertos de Los Tonidust, ás 17 horas no Pavero; e de La Mosca Valiente, ás 20.30 horas no Chester.
Alén destas citas e actuacións, promovidas de xeito directo polo Concello, cómpre engadir as propostas que de xeito habitual son programadas polos establecementos da cidade e que poden ser consultadas na páxina oficial de Cabos Soltos xunto co seu calendario, punto de encontro referente para coñecer as actividades deste programa.
Relacionadas:
-
Cabos Soltos reunirá ata 90 artistas en locais de Pontevedra os días 28 e 29 de abril
Por Redacción |
-
Cabos Soltos abre a inscrición de locais para actuacións en directo
Por Redacción |
-
Inscritos 33 locais en Cabos Soltos para programar música, monólogos e outras mostras artísticas
Por Redacción |
-
Cabos Soltos suma medio cento de actividades desde a súa reactivación en novembro
Por Redacción |