Os profesores o instituto Valle Inclán saen a escena
Por Oskar Viéitez
O grupo de teatro Argallada está formado por profesorado do IES Valle Inclán, de Pontevedra. Contan cunha longa traxectoria na montaxe e representacións dramáticas. En maio deste ano estrearon con grande éxito Ladaíñas pola morte do Meco en Pontevedra.
Trátase dunha obra de teatro escrita por Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Foi escrita en 1977. En 1978 estreouse representada polo grupo As Traíñas.
Argallada realiza una adaptación da obra orixinal. O público asistirá a catro xuizos moi especiais nas que se xuzga o emprego que da lingua fai o galego, que se ve representado en catro estereotipos ben diferenciados.
Os actores son: Benito Andrade, Pepi Bargiela, Ana Bugallo, Chus Crujeiras, Javier Domínguez, Manuel Lastra, Alfonso Pumares, Charo Valcárcel e Sara Valenzuela. Todos eles dirixidos por Manuel Solla.
O prezo da entrada e de dous euros.
A obra representarase no Teatro Principal, o venres 15 de novembro ás 21:00 horas.