A Banda de Música de Cerdedo presentará este sábado o seu espectáculo "O Camiño: Mitos e tradicións'
Por Redacción
A Banda de Música de Cerdedo actuará este sábado 30 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal da vila.
'O Camiño: Mitos e tradicións', que así se chama o espectáculo, está enmarcado dentro das actuacións que ten programada a Banda esta temporada na que se incorpora un novo repertorio que ten como nexo de unión os mitos e tradicións que rodean o Camiño Xacobeo a Santiago de Compostela.
Os asistentes poderán acceder de forma libre e gratuíta a presenciar unha actuación que estará reforzada pola incorporación de novos membros que entrarán a formar parte desta agrupación musical que é "motivo de orgullo para todos os veciños e veciñas do municipio".
O alcalde, Jorge Cubela, animou á veciñanza a asistir a este concerto ao considerar que "é unha magnífica ocasión para comprobar a evolución positiva dos músicos que compoñen esta Banda ao tempo que é unha boa opción para desfrutar dunha tarde de sábado con boa música en directo e con pezas relacionadas co Camiño de Santiago".
O evento conta coa colaboración do Concello de Cerdedo-Cotobade e a Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.