Mel C, Ana Mena, Edurne, Ana Guerra ou Tanxugueiras, na gala Xacobeas en concerto
Por Alejandro Espiño
Marín é unha das tres localidades da área metropolitana de Pontevedra, xunto con Sanxenxo e a propia cidade do Lérez, que o Xacobeo 21-22 incluíu na programación do ciclo Concertos do Xacobeo, que se desenvolverá entre os meses de maio e novembro.
A súa será unha gala que, baixo o nome Xacobeas en concerto, celebrarase o venres 15 de xullo, a noite antes do día grande das festas patronais de Marín, as Festas do Carme.
Será un evento no que se reunirán grandes voces femininas da música internacional, nacional e galega, e do que xa sabemos gran parte dos seus protagonistas.
A artista británica Mel C, unha das compoñentes do desaparecido grupo Spice Girls, será unha das súas cabezas de cartel, segundo desvelaron os seus organizadores.
Xunto a ela estarán artistas como Ana Mena, Edurne, Ana Guerra, Mala Rodríguez ou Ainoa Buitrago.
Entre as actuacións con acento galego destacan, entre outras, Tanxugueiras, Eva B, Yoly Saa ou Carolina Rubirosa.
O cartel desta gala non está pechado, polo que previsiblemente haberá novas incorporacións que se coñecerán ao longo das próximas semanas.
Relacionadas:
-
Edurne cae do cartel de Xacobeas en Concerto por problemas de saúde
Por Alejandro Espiño |
-
Nia Correia, sorpresa de última hora para a gala Xacobeas en Concerto
Por Alejandro Espiño |
-
Beatriz Luengo substitúe a Melanie C., ex Spice Girls, no Xacobeas en Concerto de Marín
Por Redacción |
-
Nova localización na Praza de España para as atraccións da Festa do Carme
Por Redacción |
-
Manuel Villanueva será o pregoeiro das Festas do Carme 2022
Por Redacción |
-
A gala Xacobeas, con Mel C, Ana Mena, Tanxugueiras ou Edurne, será de entrada libre
Por Alejandro Espiño |
-
Tanxugueiras miran de novo cara Marín con Pano Corado, o seu novo tema
Por Alejandro Espiño |
-
O Xacobeo organizará festivais en Pontevedra e Sanxenxo e unha gala musical en Marín
Por Alejandro Espiño |