Rías Baixas Fest, sete citas musicais obrigadas entre xuño e setembro na provincia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este martes os Rías Baixas Fest, as sete citas musicais que terán lugar entre xuño e setembro na provincia.
O acto concibiuse como un espectáculo televisivo, nun vistoso plató habilitado baixo o gran magnolio dos xardíns do Pazo Provincial, con público, proxección de vídeo e actuacións musicais a cargo de Carolina Rubirosa que representará a Galicia este venres no festival Liet de Dinamarca, a "Eurovisión das linguas minorizadas" co tema 'O teu camiñar'.
En está presentación participaron representantes da organización do PortAmérica (en Portas e Caldas de Reis, do 2 ao 4 de xuño), Atlantic Fest (en Vilagarcía, do 15 ao 17 de xullo), Vive Nigrán (en Nigrán, do 15 ao 17 de xullo), SinSal Son Estrella Galicia (na Illa de San Simón, Redondela, os días 23 e 24 de xullo), SonRías Baixas (en Bueu, do 4 ao 6 de agosto), Marisquiño (en Vigo, do 12 ao 14 de agosto) e Revenidas (en Vilaxóan, Vilagarcía do 7 ao 11 de setembro) e dos gobernos locais dos concellos onde se desenvolven estes festivais.
Como portavoces de todos os organizadores destes eventos musicais tomaron a palabra Jordi Lauren (SonRías Baixas) e Ana Sanromán (Port América) que resaltaron que Rías Baixas Fest é unha marca "plenamente consolidada" con sete citas "imprescindibles" coa mellor música, lecer, deporte e unha gastronomía de excelencia. Artistas consagrados e bandas emerxentes actúan en paraxes extraordinarias ofrecendo "unha alternativa cultural comprometida coa igualdade, a sustentabilidade, o equilibrio territorial e a dinamización económica".
Jordi Lauren destacou que "vimos de moito desacougo pero debemos volver vivir con ilusión, estamos desexando reabrir as portas" e avanzou que "tenenos un futuro prometedor". Pola súa banda, Ana Sanromán engadiu que "temos moitas razóns para vir a esta provincia" e moitas delas están representadas nestes festivais como unha illa máxica, unha carballeira, catro vilas mariñeiras ou a maior cidade de Galicia. Son contornas privilexiadas que conxugan a natureza coa esencia mariñeira deste territorio.
A presidenta da Deputación de Pontevedra insistiu en que "precisamos moita alegría, e nada como a Cultura para gozar da boa vida".
Carmela Silva destacou que "este proxecto é unha envexa internacional" e recomendou á cidadanía "que apure para poder formar parte desta gran experiencia e dos valores cos que está comprometida".
Relacionadas:
-
O SonRías Baixas pecha o pano despois de tres días de emocionantes concertos
Por Redacción |
-
Volve o gran formato ao Sonrías Baixas con Tanxugueiras, Kase.O, Rayden, Jazzwoman, Cool Nenas e La M.O.D.A.
Por Redacción |
-
Boikot, Boyanka Kostova, Gatibu ou SonDaRúa redondean o cartel do Revenidas 2022
Por Redacción |
-
PortAmérica eleva o pano dos grandes festivais do verán nas Rías Baixas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Música, natureza e gastronomía, cóctel vangardista do bicéfalo PortAmérica 2022
Por Redacción |
-
O Local de Música inicia un novo ciclo cunha aposta pola música electrónica e a dixitalización
Por Manu Otero |
-
Mocidade menor de 30 anos de Caldas gozará de entradas gratis en PortAmérica
Por Redacción |
-
'Fichaxe' bomba do PortAmérica: Nathy Peluso súmase ao cartel do festival
Por Alejandro Espiño |
-
Shinova, unha das sorpresas que aínda gardaba o Atlantic Fest
Por Alejandro Espiño |
-
Izal e Quique González redondean o cartel do Atlantic Fest 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Tanxugueiras e La Pegatina súmanse ao cartel do Revenidas 2022
Por Redacción |