Actuación de Bea Campos na entrega dos premios do Certame literario Xaime Illa
Por Redacción
A actriz Bea Campos foi a encargada de presentar e animar coas súas historias ao público que acudía na tarde deste 17 de maio ao Centro Cultural Xaime Illa, en Raxó. Alí celebrábase o Día das Letras Galegas coa entrega dos premios ás persoas gañadoras do Certame Literario Xaime Illa Couto.
Raquel Rodríguez, concelleira de Cultura, mostrou a súa satisfacción ao poder celebrar este acto despois dos peores momentos da pandemia. Nesta ocasión celebrábanse os trinta anos de existencia do certame literario ao que se presentaron máis de 170 obras nas distintas categorías.
"Apostamos por poñer en valor a nosa lingua", explicou a representante municipal. As persoas que lograron os premios do certame que promove a Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó foron as seguintes:
- DE 6 A 8 ANOS:
- DE 9 A 11 ANOS:
- DE 12 A 13 ANOS:
- DE 14 A 15 ANOS:
- DE 16 A 17 ANOS:
- ADULTOS
A contía dos premios vai dos 70 aos 300 euros e un lote de libros. Foron entregados por representantes dos colectivos que integran o Consello Municipal de Cultura. O acto finalizou coa actuación da Escola de Música Tradicional de Poio, que interpretaba o himno de Galicia.