Tributo a Sabina solidario con Cáritas a cargo de Los del Pirata Cojo este sábado en Afundación
Por Redacción
O Auditorio sede Afundación acolle este sábado, 21 de maio ás 20:30 horas, un concerto solidario a beneficio de Cáritas de Arousa e de Pontevedra a cargo da banda Los del Pirata Cojo.
Trátase dun grupo de longa tradición e orixinarios de Vilagarcía que presentará o seu espectáculo Tributo a Joaquín Sabina, de forma totalmente desinteresada e gratuíta doando a totalidade da recadación a Cáritas.
As entradas xa se atopan á venda en Ataquilla.com ou nas dependencias de Cáritas de Arousa na praza de Constitución de Vilagarcía, e de Cáritas de Pontevedra na rúa Joaquín Costa desta localidade. Para colaborar coa agrupación, a entrada pode adquirirse por 10 euros ou, en caso de non poder asistir, pódese colaborar cunha doazón por 5 euros .
Desde Cáritas queren agradecer a colaboración desinteresada de Los del Pirata Cojo pola constante colaboración contribuíndo a recadar fondos para que Cáritas poida seguir traballando. Tamén destacan o apoio de Abanca que a través de Afundación cede de forma completamente gratuíta as súas instalacións para o desenvolvemento do espectáculo, así como os seus sistemas de xestión e venda.