"Fe y libertad", cando dúas monxas de clausura acaban namorándose
Por Redacción
A historia de amor entre dúas monxas de clausura que residen en dous conventos de Croacia é o eixo da documental Fe y libertad, da directora Ivana Marinić Kragić. É a nova aposta do ciclo Docs del Mes, que o proxectará este luns, ás 20:00 horas, na Casa das Campás.
Este galardoado documental é o debut da realizadora croata, que aborda o amor prohibido entre estas dúas mulleres e a crise de identidade que padecen tras toda unha vida consagrada unicamente á relixión.
En Fe y libertad, as dúas monxas narran en primeira persoa a súa historia de amor en común. Viven en dous conventos separados en Croacia, pero os espazos que unha vez consideraron refuxios espirituais resultan ser máis terreais do esperado.
Desilusionadas coa Igrexa e os abusos dentro da institución, cheas de contradicións e impulsadas polo seu amor, toman a decisión máis difícil da súa vida: abandonar o convento e comezar unha nova vida xuntas.
Trátase dun documental intimista que segue a vida destas dúas mulleres, que buscan o equilibrio entre a súa orientación sexual e a súa fe para loitar por unha relación que a sociedade croata e as comunidades relixiosas non aceptan.
A proxección de Fe y libertad está aberta a todos os públicos e a entrada é gratuíta.