Música, natureza e gastronomía, cóctel vangardista do bicéfalo PortAmérica 2022
Por Redacción
Portas e Caldas preparásense para que a partir do venres 2 de xuño sexan os escenarios da primeira cita dos Rías Baixas Fest 2022 co arranque do PortAmérica. Este luns presentábase a edición deste ano coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, que cualifica este evento como unha "referencia da industria musical en todo o Estado".
Nesta ocasión combinaranse a música, a natureza e a gastronomía con diversas propostas nunha ampla programación que se desenvolverá na Azucreira de Portas; a Tafona e a Carballeira de Caldas de Reis. A presidenta provincial destacou o traballo desenvolvido pola produtora Esmerarte baixo a dirección de Kin Martínez, desde hai unha década, e a colaboración dos alcaldes de Portas, Ricardo Martínez, e de Caldas, Juan Manuel Rey, para que esta cita cultura sexa "espectacular".
"A xente está desexosa de ser feliz", indicou Silva explicando que a maior felicidade chega da man da cultura. Lembrou que PortAmérica leva anos promocionando o territorio coa combinación de cociña tradicional e da mellor música.
A programación comezará o 2 de xuño coas actuacións de Lori Meyers, Delaporte, El Columpio Asesino, Muchachito Bombo Infierno, Natalia Lacunza, Rojuu, Cápsula, Fon Román e Grande Amore.
O venres 3 será a quenda de WOS, Rozalén, Baiuca, Andrés Suárez, Instituto Mexicano del Sonido, Coque Malla, Arde Bogotá, Alice Wonder, La La Love You e The Parrots. E xa o sábado 4 os encargados de subirse ao escenario serán Nathy Peluso, Bizarrap, Xoel López, Viva Suecia, Mikel Erentxun, Depedro, Queralt Lahoz, Lisandro Aristimuño, Amparanoia, Dengue Dengue Dengue, Serbia, Dani e Flecha Valona.
Tamén se celebrará un showroking, elemento característico deste festival. Nesta ocasión participarán preto de corenta chefs Estrella Michelín e 39 soles Repsol, baixo o comisariado de Pepe Solla. Con esta proposta, o festival convértese nunha alternativa turística singular.
Outra das novidades desta edición será a posta en marcha de sesións vermú durante as mañás do sábado e do domingo na área termal da Tafona, nun espazo natural próximo ao río Umia en Caldas. Nestas sesións actuarán Marilia Monzón, Marisa Valle Roso, Santi Araujo y Pablo Lesuit e o domingo 5, o público poderá escoitar a Mavica, Sarria e Igloo.
A organización ofrecerá liñas de autobuses desde as seis principais cidades galegas e está prevista que participen, como no resto dos Rías Baixas Fest, mozas mentorizadas dentro do empoderamento do talento musical feminino da provincia denominado 'Descúbreas', que ten en marcha a Deputación. Tamén se poñerán en marcha as campañas de igualdade, con repartición de material e a presentación dun audiovisual.
PortAmérica tamén forma parte dos Fest Galicia, da Xunta. Luís López, delegado territorial da administración autonómica, destacou durante a súa intervención o traballo e esforzo que realizan os Concellos e os promotores musicais para que Galicia se atope na vangarda do panorama musical europeo neste ano Xacobeo. Precisamente PortAmérica será tamén a cita de arranque dos concertos previstos na programación do Xacobeo 22.
Relacionadas:
-
PortAmérica triunfa nos premios Fest con dous galardóns
Por Redacción |
-
Vetusta Morla e a súa 'orquesta celtibérica' para reconectar "con la amistad, el amor y la música"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
PortAmérica eleva o pano dos grandes festivais do verán nas Rías Baixas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Estrea de sesións vermú con Marilia Monzón, Pablo Lesuit e Igloo no PortAmérica 2022
Por Redacción |
-
Rías Baixas Fest, sete citas musicais obrigadas entre xuño e setembro na provincia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Mocidade menor de 30 anos de Caldas gozará de entradas gratis en PortAmérica
Por Redacción |
-
Acceso gratuíto ao Portamérica para os empadroados en Portas de 16 a 30 años
Por Redacción |
-
'Fichaxe' bomba do PortAmérica: Nathy Peluso súmase ao cartel do festival
Por Alejandro Espiño |
-
Xoel López, Depedro, Alice Wonder e WOS, entre as novas confirmacións para PortAmérica 2022
Por Alejandro Espiño |