O pontevedrés José Ramón García Guinarte, especialista en neurociencia, publica o seu segundo libro. Tras 'Sistema de Intelixencia Ortográfica' agora engade 'Sistema de Intelixencia Numérica'. Ambos libros serven de adestramento mental; o primeiro para corrixir dificultades coa ortografía e este segundo para o desenvolvemento da memoria numérica e das intelixencias múltiples.
Explica no podcast 'Cara a cara' que "os números se procesan nun hemisferio e as imaxes no outro. Se ao cerebro obrigámoslle a procesar números en forma de imaxes, cambiámoslle a súa forma de traballar e con iso créase unha nova rede de sinapsis neuronal - unha especie de tea de araña que une ambos os hemisferios -, e esas redes son a base do desenvolvemento das intelixencias múltiples".
Aproveitamos para falar de intelixencia, de como se traballa ou como se desaproveita. Resulta preocupante o panorama que describe - baseado ademais en datos estatísticos -, sobre o que segue sucedendo con estudantes de altas capacidades: "en teoría eles son as persoas máis cualificadas para o desenvolvemento do noso país, os xenios potenciais que temos. Se analizamos o índice de abandono escolar nestes nenos é superior ao 50% e este porcentaxe refire aos que foron diagnosticados".
Sabes que o sistema de procesamento do cerebro é visual, auditivo ou cinestésico/sensitivo? "saber cal predomina é importante para o ámbito educativo ou o empresarial porque todos procesamos con eses tres canles e dependendo do predominio e grao deste condicionará as nosas vidas" explica García Guinarte, director ademais do Instituto de Neurociencia e Alto Rendemento, situado en Pontevedra.
Durante a didáctica charla do podcast, achega, por exemplo, unha sinxela técnica para superar unha situación que nalgún momento, calquera pasou: a mente en branco. E outra cuestión sobre a que dá resposta no programa de PontevedraViva Radio: o ser humano é un ser racional?.