O X Festival Atlántica trae a Sanxenxo contos infantís e relatos eróticos
Por Redacción
O Festival Atlántica 2022 de narración oral traerá a Sanxenxo dous espectáculos para o público infantil e adulto no vindeiro mes de xullo.
A primeira destas actuacións previstas terá lugar en Portonovo, na Casa Mariñeira, este venres, 1 de xullo, "Procúrase Pepa a Loba". Un contacontos da compañía 'A Cova das Letras' protagonizado por Cristina Collazo para público familiar maior de 3 anos.
Trátase dun contacontos interactivo e en galego onde a danza e a música se funden coa natureza, poñendo en valor a amizade e a perspectiva de xénero. Pensada para público infantil e familiar maior de 3 anos.
O sábado, 9 de xullo, será o turno de "Relatos eróticos" de Victoria Siedlecki. Trátase dun show no que Vitoria Siedlecki narra unha serie de contos baseados en historias de humor, amor e erotismo.
En "Relatos Eróticos", Siedlecki fusiona partes descoñecidas de obras coñecidas, como é o caso de “As mil e unha noites”, engadindo a súa peculiar dose de humor e paixón. A actuación será en castelán e terá lugar na Casa Mariñeira de Don Fernando, ás 22 horas.