En Vilaboa haberá foliada!
Por Redacción
O lago de Castiñeiras será o escenario dunha gran foliada. Será este sábado 9 de xullo, organizada pola asociación cultural O Quilombo. Trátase da segunda edición da Foliada do Lago, un evento no que colaboran os comuneiros de San Martiño de Vilaboa.
A festa dará comezo ás 13:00 horas cunha sesión vermú e a actuación do grupo de música Galega de bailables, composto por Xosé Maceda, Xian Herrera e Pablo Bernárdez.
Pola tarde, haberá un obradoiro de pandeiro, que requirirá inscrición previa e será impartido por Dácorla artesanía; e outro de baile galego, a cargo de Chus Caramés, educadora no programa de baile Andar cos tempos.
A partir das nove da noite, serán os concertos co grupo Zurrumalla, a actuación de Regueifas con Luis Caruncho e Benito Lobarinhas, e a Rabeira, cinco mozas integrantes de De Ninghures.
Ao longo de todo o día, estará aberto o espazo feiral onde as persoas asistentes poderán gozar de comidas e bebidas e atopar postos doutras asociacións e colectivos.