Claudia Morán, Diego Giráldez e Francisco Castro, finalistas do premio de xornalismo Fernández del Riego
Por Redacción
O xurado dos premios de xornalismo Fernández del Riego, que convoca cada ano Afundación, deu a coñecer o nome dos tres finalistas da décimo novena edición deste galardón. O gañador, que sairá da terna formada por Claudia Morán, Diego Giráldez ou Francisco Castro; darase a coñecer no último trimestre do ano.
Os membros do xurado seleccionaron os artigos dos tres finalistas dun total de 27 obras "de gran calidade", destacou Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega e tamén máximo responsable do xurado.
As obras seleccionadas por unanimidade son "Coiden da Música", publicado en La Voz de Galicia por Castro; "A coreografía dos envoltorios", de Giráldez en Praza Pública; e "Nunca Nais", publicado en Nós Diario por Claudia Morán.
Este ano, Morán repite como finalista. E non é a única, posto que Giráldez tamén alcanzou esta fase en convocatorias anteriores. De feito, son moitos os escritores que cada ano participan neste certame.
"Foi moi difícil escoller tres dous vintesete que se presentaron, houbo que deixar fóra artigos de calidade", recoñeceu Freixanes, quen destacou que cada ano mellora a riqueza das obras. "Cada ano veñen mellor formadas na lingua e é unha proba de que ou país avanza en calidade", engadiu.
Dos 27 artigos presentados, once son obra de mulleres e o resto, de homes. "A paridade é un feito", puntualizou o presidente do xurado para matizar que noutros anos houbo máis mulleres que homes.
A temática sobre a que versaron as obras foi variada, aínda que se aprecian certas liñas mestras. "Hai preocupación polo que pasa no país, o problema das xeracións, a Galicia que estamos a perder, o xénero, o Alzheimer, a situación da muller no traballo e coa maternidade ou a desfeita no mundo rural", enumerou o presidente.
O xurado encargado de seleccionar as tres obras finalistas estivo composto por Victor Freixanes como presidente, Carlos Valle como secretario e completárono Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Miriam Ferradáns, que debutaba este ano como membro do xurado.
Relacionadas:
-
Miriam Ferradáns recibe o XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
Por Oskar Viéitez |
-
Miriam Ferradáns, Patricia Hermida e Cláudia Morán, finalistas do XVIII Premio Fernández del Riego
Por Oskar Viéitez |
-
Diego Giráldez, Cristina Pato e Miriam Ferradáns, finalistas do premio Fernández del Riego
Por Redacción |