Santa María, punto de partida do ciclo musical da Banda de Música de Salcedo
Por Redacción
A Asociación Músico-Cultural San Martiño retomará o seu tradicional "Ciclo Musical BMS" despois de dous anos de parón provocados pola pandemia da covid-19.
O primeiro dos concertos estará protagonizado, este sábado 9 de xullo ás 20:30 horas na Praza de Santa María, pola Banda Xuvenil de Salcedo que estará acompañada pola Banda Infantil da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia.
O sábado 16 será tomará o relevo a Banda de Música de Salcedo que, xunto coa Banda de Música Unión de Lantaño, protagonizarán unha velada musical a partir das 20:30 horas na Praza de Santa María.
Pechará o ciclo a Coral Polifónica de Salcedo, o domingo 17 de xullo, nun recital que terá lugar ás 20:30 horas na Casa Verde de Salcedo, no que tamén intervirán a Coral Polifónica O Son dos Cantares de Mos e a Coral Voces Amigas de Moraña, que porán o broche final a este ciclo.
Esta iniciativa musical acada este ano a súa XV edición e forma parte do proceso músico-cultural impulsado pola Asociación San Martiño desde hai ano converténdose, segundo os seus organizadores, "nunha das citas obrigadas do panorama musical en directo na provincia".
Nela participan de xeito activo ademais das distintas agrupacións musicais vencelladas coa Asociación Músico-Cultural San Martiño outras bandas e masas corais que colaboran en reciprocidade coa de Salcedo.
Estes concertos son sempre abertos ao público en xeral e buscan achegar o traballo e a música de calidade á veciñanza de Pontevedra amosando a evolución e a melloría dos compoñentes de todas e cada unha das agrupacións musicais vencelladas coa Asociación Músico-Cultural San Martiño.
Relacionadas:
-
As bandas de música de Salcedo convertirán o Pazo da Cultura nun teatro de Brodway
Por Oskar Viéitez |
-
Máis de 1.200 escolares participan no concerto didáctico da escola de música de Salcedo
Por Redacción |
-
Gran éxito de público no concerto da bandas xuvenís de Salcedo e de Ribadumia
Por Redacción |
-
Domingos do Principal, Ponteatro, Voices e As Matinés do Principal, fío condutor da programación cultural ata final de ano
Por Alejandro Espiño |
-
Tres días de diversión e reforzo de coñecementos musicais para estudantes da Escola de Música de Salcedo
Por Redacción |
-
Unhas Festas de Verán nas que "non haberá parada" en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |