O festival 'Arousa Inspira' celebra a súa cuarta edición en Vilanova e Vilagarcía
Por Redacción
A asociación Arousa Moza celebrará un ano máis o festival 'Arousa Inspira' que ten o obxectivo de "dar a coñecer o noso patrimonio e dar visibilidade e festexar todo o talento mozo da nosa comarca".
O lema escollido para esta edición é "Non hai fronteiras", tomando prestada a letra dunha canción das Tanxugueiras, celebrarase a multiculturalidade presente en Arousa para reivindicar "a necesidade de acoller a persoas que se ven na obriga de fuxir dos seus fogares para evitar riscos para a súa vida, como no caso de cidadáns ucraínos ou palestinos".
Este ano, "gracias á colaboración do Concello de Vilanova", o 'Arousa Inspira 2022' acollerá a maior parte da programación neste municipio agás o obradoiro de pintura a mañá do martes 23 de agosto e unha xincana infantil para 40 nenos o xoves 25, que serán en Vilagarcía.
Así Vilanova acollerá outra xincana infantil o venres 26 a todas as actuacións, concertos e espectáculos previstos para a tarde e noite de ese mesmo venres. O cartel completo darase a coñecer nos vindeiros días.