Mila Alonso presenta láminas con escenas de Ponte Caldelas
Por Redacción
Mila Alonso, unha artista licenciada en Belas Artes cunha ampla experiencia como pintora, ofrece ata o mércores 31 de agosto unha exposición na Casa da Cultura de Ponte Caldelas.
O alcalde Andrés Díaz visitaba nas últimas horas esta mostra acompañado pola creadora, que recolle nas súas láminas diferentes escenarios da contorna do río Verdugo. Milagros Alonso Loriente, coñecida artisticamente como Mila Alonso, naceu en Caracas e unha buscadora de inspiracións nas distintas paisaxes de Galicia.
As obras ofrecen elementos da natureza e do patrimonio combinados coas emocións e a cor expresiva desta pintora, que emprega diferentes técnicas e elementos para as súas creacións nas que é habitual a presenza de cabalos.