Ponteatro chega ao seu fin da man de 'Fantoches Baj' e a Banda de Música de Pontevedra e 'Redrum'
Por Oskar Viéitez
O ciclo teatral Ponteatro vai chegando ao seu fin e farao da man de Fantoches Baj e a Banda de Música de Pontevedra e Redrum con As pombas de Carboeiro e Curriculum Vitae respectivamente.
Tras una semana de descanso por mor da ponte, o xoves 12 ás 21:00 horas no Teatro Principal, Fantoches Baj (Ignacio Vilariño e Benxamín Otero) representará "As pombas de Carboeiro", espectáculo de narración oral e música en directo (Banda de música de Pontevedra) coa técnica xaponesa do teatriño de Kamishibai.
O xoves 19 e como peche, a mesma hora e no mesmo lugar, chegará a derradeira das 7 que compoñían o ciclo iniciado en outubro: Curriculum Vitae de Redrum, Unha comedia que xira en torno ás entrevistas de traballo, representada por Mónica García e Guillermo Carbajo, baixo a dirección de Álex Samapoyo.