Julia Navarro: "Estamos prescindindo da xente moza e dos que cumpriron os 50. Un país que fai iso ten un futuro gris
Por Alejandro Espiño
Máis de cinco millóns de libros vendidos avalan a Julia Navarro (Madrid, 1953) como unha das escritoras máis exitosas do noso país. Pero como ela mesma recoñece "con cada nova novela xógastela, partes de cero". De aí a intensa promoción que está realizando de Dispara, yo ya estoy muerto, o seu novo traballo. Tras máis de noventa días de entrevistas e firmas de libros, chegaba esta semana a Pontevedra.
ÿ a primeira vez que está na cidade para presentar un dos seus libros. Fíxoo na Librería Cronopios. Pero asegura que xa a coñecía de estancias anteriores en Galicia. "Quedándome en Santiago que está tan preto, sería un pecado non vir ata aquí", explica a PontevedraViva nunha entrevista na que repasamos con ela, ademais desta nova novela, a súa carreira como escritora ou a que deixou aparcada "por saúde", a de xornalista.
Chegas a Pontevedra (pídenos que a tratemos de ti) con Dispara, yo ya estoy muerto. ÿ a túa quinta novela. Que nos imos a atopar neste novo libro de Julia Navarro?
ÿ unha novela que é unha reflexión sobre como as circunstancias márcannos. ÿ a loita dunhas personaxes contra as circunstancias vitais que nos tocan en sorte. Comeza a finais do século XIX na Rusia zarista e contempla os primeiros anos do século XX, os movementos pre-revolucionarios, a Primeira Guerra Mundial, a rebelión dos árabes contra os otománs, a Segunda Guerra Mundial ou o mandato británico de Palestina. Pasa por distintos escenarios e vai narrando o conflito destas personaxes sobre eses escenarios.
Aínda que a historia xa non chega ata alí, o conflito entre Israel e Palestina, ou polo menos os seus antecedentes, parecen impregnar a novela. Por que non chegar ata esa época?
O que fago é terminar a novela en 1948 porque non quería escribir unha novela sobre o conflito entre Israel e Palestina. Por iso xusto a termino cando se crea o estado de Israel. ÿ verdade que a parte da novela que transcorre en Palestina ou en Rusia é a máis potente e iso imprégnao todo. Pero insisto non é unha novela histórica, non me centro no conflito en si, senón nas personaxes que están neses escenarios.
Entendo entón que primeiro naceu a historia e despois buscaches o escenario, non é así?
"Ás veces estamos satisfeitos co que nos tocou en sorte e ás veces non. Pero tratamos de coller as rendas da nosa vida e loitar contra o que nos tocou"
O que me importaba era como as circunstancias marcan a vida dos personaxes. Pensei en tres escenarios: Ruanda, Iugoslavia e Oriente Próximo. Neles vese perfectamente coma se caes dun lado es hutu ou tutsi, bosníaco ou croata, xudeu ou palestino. Ninguén elixiu ser unha cousa ou outra. ÿ o que che tocou. Nin elixes a relixión que é parte da cultura do teu pobo. Os seres humanos temos que lidiar con ese pack. Ás veces estamos satisfeitos co que nos tocou en sorte e ás veces non. Pero tratamos de coller as rendas da nosa vida e loitar contra o que nos tocou. Diso trata realmente trata a miña novela.
ÿ quizá a máis dura de todas as túas novelas?
Iso dinme os lectores, que é dura. E si, hai capítulos moi duros. Son eles os que me din que hai capítulos que lles removeu a alma. A verdade é que, cando estou contando unha historia, eu nunca lle aforro aos meus lectores que pasen un mal rato se o teñen que pasar.
A xente que coñece a Julia Navarro das súas novelas anteriores, sorprenderase con este libro ou recoñecerá o estilo doutros traballos?
Vanse a atopar unha novela máis do estilo da anterior, Dime quien soy, coa que dei un xiro a unha novela onde priman máis as personaxes. Importan máis que o escenario, aínda que non se lles pode entender sen eles.
Logo de ter vendidos tantos millóns de libros sentes certa presión cando comezas a escribir unha nova novela pensando en se gustará ou non?
Non penso niso mentres escribo. A vertixe éntrame o día que entrego a novela. Con cada novela xógastela, partes de cero. ÿ coma se fose a primeira. Os lectores xulgamos cada libro. Un autor pódeche gustar moitísimo, pero xulgas o libro que tes entre as mans. Nese sentido somos bastante implacables. E cando pasas tres anos dedicados a traballar nun libro, claro que sentes esa inquedanza. Non dou nunca nada por gañado. ÿ como tirar unha moeda ao aire sen saber o que vai saír. Aos lectores hai que conquistalos libro a libro.
Sempre dis que cos teus libros non pretendes aleccionar aos teus lectores, pero si que manteñan un espírito crítico e reflexivo. Tamén o intentas con este libro?
"Con cada novela xógastela, partes de cero. ÿ coma se fose a primeira. Os lectores xulgamos cada libro. Somos bastante implacables"
Non intento aleccionar a ninguén pero si que reflexionemos xuntos. Salvo a miña primeira novela que era un thriller puro e duro, o resto sempre foi así. La biblia de barro era un alegato contra a guerra. Empecei a pensar nesa novela cando os famosos inspectores de ONU ían e viñan a Iraq en busca das inexistentes armas de destrución masiva. Ou La sangre de los inocentes, que era un alegato en contra dos fanatismos en calquera das súas vertentes. Sempre hai algún elemento para a reflexión nas miñas novelas, pero permitindo que cada cal saque as súas conclusións.
Falouse moitas veces dunha posible adaptación ao cine dalgunha das túas novelas. Gustaríache ver as túas historias na gran pantalla?
Si, claro que me gustaría. Houbo algúns contactos con certas productoras que se achegaron, pero sempre hai un inconvinte á hora de pensar en cine ou televisión. Serían moi caras pola cantidade de lugares nos que se desenvolven as miñas novelas. Nesta, por exemplo, tes Varsovia, San Petersburgo, Finlandia, París, Xerusalén, Estambul, Salónica... hai tantos escenarios que cando os productores len a fondo a novela éntralles un ataque de pánico pensando no que lles vai a custar.
O que deixaches aparcada xa é a túa profesión de xornalista...
Foi unha cuestión de saúde. Coas dúas primeiras novelas intentei compaxinar o xornalismo cos libros, pero a miña saúde non daba tanto de si. Eu traballo nas novelas unhas oito horas diarias. Chegou un momento que me volvín tola. Aos poucos, case sen darme conta fun deixando cousas e un día te das conta que marchaches de todo. O único que sigo escribindo son artigos de opinión, pero entendo que iso non é xornalismo. Xornalismo é contar o que ocorre ao teu ao redor, non opinar sobre o que está pasando en Afganistán.
E desde a certa distancia á profesión que che dá a túa nova dedicación, como ves o sector xornalístico en España?
"Creo que os editores cometeron un grave erro regalando os seus contidos a través da web. ÿ unha das decisións estratéxicas máis nefastas que se puideron tomar"
Creo que os editores cometeron un grave erro regalando os seus contidos a través da web. ÿ unha das decisións estratéxicas máis nefastas que se puideron tomar. Iso afondou máis na crise do papel. Agora non sei se os editores serán capaces de facer o que fixeron os grandes periódicos en Estados Unidos, que decidiron que quen queira ler o xornal ou o pague en papel ou o pague na rede, pero ou o paga ou o paga. A min iso de regalar o traballo paréceme unha falta de respecto cara á persoa que fai ese traballo.
O xornalismo sofre unha dobre crise. Por unha banda está a crise económica que fai que os soldos abaratáranse de tal xeito que os novos xornalistas están explotados, e doutra banda a crise social. Este país está prescindindo da xente máis nova, a que ten que construír o futuro, e que ten que emigrar para ser mileurista noutro sitio, e ao mesmo tempo a través dos famosos ERE tamén da xente que cumpriu os 50 e que ten uns coñecementos e unha experiencia que se tira ao lixo. Un país que fai iso con dúas xeracións é un país que ten un futuro máis ben gris.
E en canto á cultura, que che toca agora máis preto, estamos feridos de morte?
Este é o goberno que máis atentou contra a cultura, que máis pedras puxo no camiño, sobre todo coa subida do IVE, que é un auténtico disparate. Pero sobre todo preocúpame o roubo na rede. Facer click e baixarse unha película, un libro ou un disco non é un acto inocente. Dito de forma sinxela, é un roubo. A xente que fai iso está roubando o traballo dos demais. A min non se me ocorrería que alguén traballase gratis para min. Poñeríanseme os pelos de punta. Pois iso é o que fai a xente que rouba a propiedade intelectual.