Presentación da Guía de Arquitectura contemporánea de Galicia no Museo de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A Guía de Arquitectura Contemporánea de Galicia, da autoría de José Jorge Santos Ogando e José Carlos Mera Rodríguez, presentarase o xoves 12 de decembro ás oito da tarde no salón de actos do Sexto Edificio do Museo.
Nesta guía recóllense 211 obras construídas en Galicia na última década por máis de cen estudios galegos, nacionais e internacionais. Trátase dun libro de formato A5, trilingüe, en castelán, galego e inglés, e 168 páxinas con máis de catrocentas fotografías a cor.
Ademais dunha descrición superficial, inclúe unha localización precisa que facilita a visita das obras, clasificadas por provincias e áreas urbanas, que a converte nunha guía de viaxe dirixida a profesionais e a todo aquel ao que lle guste a arquitectura contemporánea.
Listados por obras e arquitectos, globais, e por zonas, facilitan a localización e permiten unha visión global da arquitectura galega realizada no que vai de século.
A guía inclúe un prólogo de Carlos Quintáns e fotografías de Héctor Fernández Santos-Díez.