Representación pontevedresa no Mundial de Qatar coa Agrupación Folclórica Celme
Por Redacción
A Agrupación Folclórica Celme viaxará a Qatar para participar nos Festivais Culturais con motivo do Mundial de Fútbol que se celebra desde o 20 de novembro.
Ata alí irán seis parellas de baile da agrupación pontevedresa, representando a Galicia e España, e outras nove internacionais, poñendo colorido durante a celebración.
Celme levará así o nome dos españois ao país árabe, onde mostrarán a nosa cultura a través da música, o vestiario e o baile con muiñeiras, xotas, fandangos, pasodobres, rodas e foliadas galegas que pasarán polos diferentes escenarios ata o 2 de decembro. Tamén mostrarán máis de 25 traxes de gala de tantas comarcas de Galicia, así como traxes de faena das zonas de Cotobade e Negrelle.
O Grupo Celme fundouno en 1984 Quique Domínguez, actual Presidente e Director Artístico que participou en Festivais Internacionais de catorce países de Europa, en EEUU e por todas as Comunidades de España excepto Canarias e Baleares.
Os compoñentes da asociación pontevedresa preparáronse "duramente" durante estes últimos 15 días e están "moi ilusionados de poder representar coas nosas tradicións folclóricas e a nosa enorme riqueza en música e baile", explican.
Relacionadas:
-
Celme volve levar o nome de Pontevedra ao Festival Internacional de Danza Folclórica de Edimburgo 11 anos despois
Por Natalia Puga |
-
VÍDEO.- Celme presume en Qatar de cultura galega con motivo do Mundial
Por Redacción |
-
A guia máis solidaria sobre o Mundial de Qatar é obra de Javier Hermida, estudante do IES Sánchez Cantón
Por Manu Otero |