Charo López, protagonista de 'Los gozos y las sombras', retorna a Pontevedra para inaugurar ‘A cidade é a pegada’

Por Redacción
Nos anos 1980 e 1981, Pontevedra convertíase en Pueblanueva del Conde, a vila galega que o escritor Gonzalo Torrente Ballester creaba como escenario das historias de 'Los gozos y las sombras'. Durante seis meses, algúns dos intérpretes máis coñecidos do panorama artístico español de entón atopábanse polas rúas do centro histórico pontevedrés: Eusebio Poncela, Amparo Rivelles, Carlos Larrañaga, Rosalía Dans e a mítica Charo López, que recreaba a figura de Clara Aldán.
A actriz salmantina volverá a Pontevedra o próximo 15 de decembro. Será a protagonista dun recital que se desenvolverá antes da esperada inauguración de 'A cidade é a pegada', unha exposición comisariada por Alfredo Olmedo, que recollerá case 500 pezas para reflexionar sobre o significado de pertencer á boa vila.
A sala Personaxes, comisariada por Milagros Bará, ofrecerá máis de setenta pezas. Poderán verse fotografías, debuxos, esculturas e obxectos curiosos procedentes de diferentes institucións e arquivos como o da familia Riestra, de Manuel Suárez ou de diversas coleccións familiares.
Haberá outras partes dentro desta gran mostra como Río, comisariada por Eduardo Outeiro; Infancia, por Norberto Olmedo e Fernando Suárez; Arquitectura, correspondente a Naan Arquitectos; e con Patricia Dopico como responsable do deseño editorial.
Esta mostra elabórase polo Concello de Pontevedra, a través da concellería de Cultura que dirixe Carme Fouces, que desde hai un ano traballa para presentar un proxecto expositivo inédito, que se poderá visitar desde o 15 de decembro ata o 22 de marzo no Pazo da Cultura.
Relacionadas:
-
RADIO.- Desde o afecto, un 'Cara a cara' con Marcos Giralt Torrente
Por Marisa Ciordia |
-
"A cidade é a pegada" acollerá visitas guiadas para todos os públicos
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Charo López regresa a Pontevedra como 'madriña' da exposición "A cidade é a pegada"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
"A cidade é a pegada", a exposición que ofrece un "poema visual" sobre a Pontevedra pasada, presente e futura
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A mirada da infancia, fío condutor da exposición "A cidade é a pegada"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra prepara unha exposición sobre a pegada mutua entre a cidade e a súa xente
Por Alejandro Espiño |