Doce anos animando a noite pontevedresa ben merecen unha gran despedida
Por Alejandro Espiño
A noite pontevedresa perderá, a partir do próximo 30 de novembro, un dos seus locais de lecer máis queridos. El Pequeño pecha as súas portas, tras doce anos animando a rúa Charino.
Pero, seguindo fiel ao seu espírito, farao cunha gran festa na que a música será a protagonista absoluta. Ao longo de todo o mes de decembro haberá un ciclo de concertos, polo que pasarán algúns dos artistas habituais desta sala.
JT DJ foi o primeiro en despedirse de El Pequeño. Fíxoo este venres. Seguiralle, este mesmo sábado, Riff Raff; mentres que o mércores 7 haberá unha sesión DJ a cargo de Arturo Delgado e o venres 8 con DJ Juancho.
Charlie Swamp será o artista convidado o venres 9, JT DJ regresará o sábado 10, Kris K DJ farao o venres 16 e DJ Juancho repetirá o sábado 17.
O xoves 22 haberá un concerto dobre con Cora Velasco e Querido Extraño e o venres actuará Banda de Atraco e DJ Cé. A Noiteboa estará amenizada por Arturo Delgado.
Tony Lomba e DJ Dinero será a oferta musical para o luns 26, a última semana de actividade de El Pequeño, Anxo Araújo actuará o martes 27 e Nocturna o mércores 28.
Unha edición especial do Black Hole, o xoves 29, e un concerto de The Youngers, banda tributo a Neil Young, acompañado de Dani Moure e Diego de la Church, poñerá o broche de ouro.