Autocine de Nadal na Praza do Mar coa película "Clifford, el perro rojo"
Por Redacción
Sanxenxo acollerá o vindeiro sábado un autocine de Nadal coa película "Clifford, el perro rojo" na Praza do Mar.
Unha actividade incluída na programación do Nadal pensada para o goce de toda a familia. A entrada ao recinto dará comezo unha hora antes e será gratuíta. O espazo contará cunha gran pantalla de 15x10 metros e distintos postos de flocos de millo, bebidas, crêpes e gominolas cos que se poderá acompañar o visionado da película.
O espazo estará controlado por acomodadores que irán situando os vehículos dentro do recinto. Unha vez que os asistentes estean situados na praza que se lle asignen, deberase sintonizar a radio no dial de FM 87.5 para poder oír a película. Cando dea comezo a película, non estará permitido baixar do coche e se é preciso chamar ao acomodador realizarase dando luces.
A Concellería de Cultura continúa coa axenda durante os próximos días co obxectivo de encher de maxia e de actividade o municipio nestas datas. O vindeiro domingo, 11, a Sala Nauta acollerá un novo Obradoiro de Manualidades pensado para nenos de entre 5 e 12 anos, entre as 11 e as 14 horas, onde poderán realizar adornos do Nadal. Pola tarde, ás 17 horas, a Praza de Pascual Veiga acollerá un espectáculo de maxia a partir das 17 horas. Ás 19 horas, a Coral Polifónica de Santa María de Adina ofrecerá o tradicional Festival de Panxoliñas no local de Usos Múltiples de Portonovo.
Relacionadas:
-
Papa Noel instálase na Casa Mariñeira de Don Fernando
Por Redacción |
-
Os máis pequenos prenden a maxia do Nadal en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Todo a punto en Sanxenxo para dar este sábado unha luminosa benvida ao Nadal
Por Redacción |
-
Máis de 40 actividades para o regreso á normalidade do Nadal de Sanxenxo
Por Redacción |