A edición 07 de Novos Cinemas estreará en España seis das nove películas da súa sección oficial
Por Alejandro Espiño
Novos Cinemas, o festival internacional de cine de Pontevedra, redobra a súa aposta por ofrecer películas inéditas para o público español. Na súa edición 07, que se celebrará entre os días 13 e 18 de decembro, estreará no noso país a metade das películas a concurso.
Os trece filmes que integran a competición de Novos Cinemas son estreas en Galicia e seis deles aínda non se exhibiron en España. Traerá ata a cidade cineastas como Brent Chesanek, Carlos Pardo Ros, Ione Atenea, Agustina Pérez Rial, Leonardo Mouramateus e Amat Vallmajor.
A sección oficial da sétima edición do festival ofrecerá esta vez nove longametraxes -seis delas inéditas en España- que ilustran algúns dos posibles estadios do cinema contemporáneo.
Arnold is a model student do director tailandés Sorayos Prapapan, Cette Maison da realizadora canadense Miryam Charles, Danubio da cineasta arxentina Agustina Pérez Rial ou Love Dog da suíza Bianca Lucas son catro destas estreas no noso país.
As películas inéditas nas salas españolas complétanse con Nomotopowell do director estadounidense Brent Chesanek e con A vida são dois días do brasileiro Leonardo Mouramateus.
As outras tres películas a concurso serán Happer’s Comet do tamén estadounidense Tyler Taormina, Human Flowers of Flesh da cineasta alemá Helena Wittmann e Unrueh do director suízo Cyril Schäublin.
Sección Oficial | Novos Cinemas 07 from Novos Cinemas on Vimeo.
No caso da sección Latexos, reservada para filmes máis experimentais, haberá catro propostas: as españolas H de Carlos Pardo Ros, Los caballos mueren al amanecer de Ione Atenea, Misión a Marte de Amat Vallmajor del Pozo e a arxentina Álbum para la juventud de Malena Solarz.
CATRO XURADOS
As persoas encargadas de outorgar os premios desta edición serán Julián Génisson, actor, escritor, director e guionista; Dario Oliveira, fundador, director artístico e coordinador de programación do festival internacional Porto/Post/Doc; e Elena Oroz experta en documental, cinema español e teoría fílmica feminista, como integrantes do xurado internacional.
O xurado Latexos estará formado por Miguel Ángel Alfonso en representación de Cineciutat, Eva Seoane en representación de DUPLEX Cinema e Albert Triviño como programador e coordinador de Zumzeig Cinecooperativa.
Finalmente, o xurado da crítica compóñeno os profesionais Blanca Martínez, Raquel Loredo e Yago Paris; e o xurado novo os alumnos e alumnas da Universidade de Vigo Iris Rodríguez Justo, David Arosa Cerqueiro, Susana Alba, Yuri Salgado Álvarez e Martín Arufe Castro.
As entradas individuais para este festival, que teñen un prezo de 3 euros, xa están á venda xunto co abono para todas as proxeccións, que custa 18 euros. Pódense adquirir a través da plataforma Ataquilla.com.
Relacionadas:
-
'Happer's Comet' leva o premio de mellor longametraxe do festival Novos Cinemas 2022
Por Redacción |
-
Seis días de cine en maiúsculas co inicio en Pontevedra de Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Novos Cinemas inaugurará este martes a súa sétima edición coa estrea galega de 'Los Saldos'
Por Redacción |
-
O Cineclube Pontevedra despedirá o ano coa proxección de 'As harmonías Werckmeister'
Por Redacción |
-
RADIO.- O director da curta 'Rompente', preseleccionada para os Goya 2023, será titor na próxima edición de Novos Cinemas
Por Marisa Ciordia |
-
Catro novas cineastas, protagonistas do LAB de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
"Los saldos" de Raúl Capdevila estreará o sétimo Novos Cinemas, que dedicará o seu foco á lisboeta Susana Nobre
Por Alejandro Espiño |