Non estamos sós no universo, chegan os vilamarcianos
Por Oskar Viéitez
Seica non foi dabondo encher Vilagarcía de dinosaurios e de zombis que agora o colectivo Videos Creativos decidiu que traer aos extraterrestres.
No seu último traballo pódense ver platillos volantes sobre o Xiabre, pasando por riba da rúa Rey Daviña, ou a un grupo de comandos tomando o auditorio.
De novo Vilagarcía e o lugar elixido para un filme típico de Hollywood no que os alieníxenas invadirán as rúas, haberá loitas e persecucións a cargo de especialistas de dobraxe en escenas de acción, trucos e efectos especiais.
A curtametraxe chámase Vilamarcianos e a súa estrea está programada para o vindeiro 28 de decembro nunha gran pantalla que se instalará na Praza de Galicia.