Amplíanse as visitas a 'Fotonatureza' de Ramón Encisa, na Sala Rivas Briones, ata o 28 de febreiro
Por Redacción
O vilagarcián Ramón Carlos Encisa inauguraba a mediados de decembro unha interesante exposición sobre motivos naturais baixo o título 'Fotonatureza' na sala de exposiciónes Antón Rivas Briones no municipio de Vilagarcía de Arousa.
Esta mostra contén imaxes sorprendentes de paxaros, bolboretas, cogomelos, orquídeas ou camelias, entre outros elementos, que mostran a técnica fotográfica característica do autor.
A concellería de Cultura de Vilagarcía decidiu ampliar a data final desta mostra, prevista para o 20 de xaneiro, ata o 28 de febreiro.
A ampliación débese á gran acollida de público desde a súa inauguración, con visitas practicamente a diario de alumnado de centros escolares, segundo indican desde o goberno local.