Cabos Soltos abre a inscrición de locais para actuacións en directo
Por Redacción
O Concello de Pontevedra anima os locais de hostalería a que participen no programa Cabos Soltos durante este ano anotándose para participar do programa de eventos culturais.
Segundo indican fontes municipais, o programa conta con 33 locais que promoven actuacións en directo de bandas de pequeno formato e tamén de artistas plásticos, poetas ou monologuistas. A intención do Concello é que este programa actúe como paraugas para realizar actividades culturais e de lecer nos diferentes espazos hostaleiros da cidade para crear emprego e fomentar estes establecementos.
Cabos Soltos posibilita que estes locais ofrezan escenarios para accións artísticas e culturais. Para poder formar parte deste programa é necesario cumprir as condicións e a documentación solicitada.
As persoas relacionadas coa actividade cultural tamén teñen a opción de figurar na base de datos habilitada para promocionar as súas propostas. Tanto locais como artistas poden inscribirse a través da ligazón de Cabos Soltos.
Relacionadas:
-
Volve Cabos Soltos, un programa "para que a xente recorde que nos bares tamén hai cultura"
-
Cabos Soltos reunirá ata 90 artistas en locais de Pontevedra os días 28 e 29 de abril
Por Redacción |
-
Inscritos 33 locais en Cabos Soltos para programar música, monólogos e outras mostras artísticas
Por Redacción |
-
Cabos Soltos segue 'dando a nota' e programa cinco novos concertos para comezar o mes de abril
Por Redacción |
-
Cabos Soltos suma medio cento de actividades desde a súa reactivación en novembro
Por Redacción |