A banda de gaitas e baile Coribantes ofrece un concerto no Principal para colaborar con Manos Unidas
Por Redacción
Este sábado 4 de febreiro ás 20.00 horas celebrarase no Teatro Principal un concerto solidario a cargo da banda de gaitas e baile Coribantes de Buchabade.
Os fondos que se recaden irán destinados á delegación pontevedresa da ONG Manos Unidas.
Segundo indica a organización o donativo previsto é de cinco euros por cada persoa que asista. Tamén se poderá colaborar ofrecendo donativos a través da fila cero.
As entradas poden recollerse na sede da delegación de Manos Unidas, situada na rúa Peregrina número 50 de Pontevedra. Tamén na sede de Coribantes, en Ponte Caldelas, chamando ao teléfono 666.134.849 ou no mesmo Teatro Principal, cando abraa billeteira dúas horas antes do concerto.
A banda que protagoniza o espectáculo nacía no ano 2005 en Buchabade, no municipio de Ponte Caldelas, coa intención de potenciar a tradición folclórica.
Vos Coribantes de Buchabade está formada por máis de cincuenta músicos, entre os que figuran intérpretes de gaita, pandeireta, batería, teclado, bombo, violín, guitarrá e baixo, entre outros instrumentos. Ao redor de trinta integrantes compoñen tamén o baile cunha combinación entre os elementos tradicionais e os innovadores.