Noite de monólogo e concerto no Liceo Casino con Manuel Manquiña y Los Fabulosos Weekend
Por Redacción
O Liceo Casino de Pontevedra organizou unha animada noite para o vindeiro sábado 4 de febreiro na súa sede da rúa Manuel Quiroga.
Os encargados de amenzarla serán Manuel Manquiña y Los Fabulosos Weekend.
O coñecido actor, humorista e músico ofrecerá primeiro un monólogo humorístico para despois subirse ao escenario co resto da súa formación musical, Los Fabulosos Weekend, unha banda que no seu repertorio adapta clásicos do rock xunto a temas escritos polo proio Manquiña.
O evento dará comezo cun pequeno petisco de benvida, tras o cal ás 22.00 horas está previsto o espectáculo de humor. Por último chegará o concerto e o peche a cargo de DJ Jamar Audio.
O custo das entradas é de 10 euros para os socios do Casino e de 20 euros para os non socios.