O 1 de marzo a pintura e a hipnose únense nunha mostra no Liceo Casino
Ivo Sirakov é un pintor, de orixe búlgara, que presentará a súa exposición 'Hipnosis' o 1 de marzo ás 20:00 horas na Sala de Exposicións do Liceo Casino en Pontevedra. O horario para poder asistir á mesma é de luns a sábado desde as 10:00 horas ata as 22:00 horas.
Sirakov é un artista que sempre estivo rodeado de referencias pictóricas, debido a que o seu pai tamén era pintor. Desde a súa infancia estivo ligado a esta profesión. Ao longo da súa carreira artística, expuxo as súas obras en diferentes países como, por exemplo, España, Italia, Estados Unidos e Bulgaria. De feito, a última exposición que realizou foi 'Deus Ex Maquina' no ano 2019, en Madrid na Galería Mov Art.
Actualmente, presenta en Pontevedra 'Hipnosis', a través deste título o artista expresa a súa concepción da pintura. Nas súas obras pódese observar como trata á figura feminina para representar esta hipnose.
As persoas que estean interesadas poderán acceder de forma libre e gratuíta ata o 15 de marzo.