Regreso cheo de psicodelia e guitarras para As Matinés do Principal
Por Cristina Saiz & Redacción
Un patio de butacas cheo recibiu este sábado unha nova edición do ciclo musical As Matinés do Principal. Os pontevedreses responderon entregados á actuación inaugural, a cargo de Los Estanques e Anni B. Sweet.
No Teatro Principal ecoaronn a psicodelia e os ritmos setenteiros deste proxecto musical, liderado por unha das artistas máis destacadas da música independente española.
Sobre o escenario interpretaron os temas do seu álbum conxunto, Burbuja cómoda y elefante inesperado, composto pola artista malagueña e Íñigo Bregel, voz, teclado e guitarra da banda cántabra.
A calidez vocal de Anni B. Sweet e as guitarras eléctricas incontrolables de Los Estanques conquistaron ao público e xa deixaron paso á seguinte cita do ciclo.
Será o concerto de Uxía Senlle y Javier Ruibal, previsto para o 25 de marzo. As entradas están á venda na plataforma Ataquilla.com.
Relacionadas:
-
Música e poesía para un sábado de 'Matinés' con Lagartija Nick
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Lagartija Nick e a súa homenaxe a Buñuel, o 4 de novembro nas Matinés do Principal
Por Alejandro Espiño |
-
Rosalía e Lorca danse a man en Pontevedra na voz de Uxía e Javier Ruibal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
RADIO.- Uxía e Javier, Rosalía e Lorca, soben este sábado ao escenario do Teatro Principal
Por Redacción |
-
Uxía e Javier Ruibal chegan ás Matinés do Principal cun retrato musical de Rosalía e Lorca
Por Redacción |
-
Los Estanques e Anni B. Sweet, psicodelia e ritmos setenteiros para abrir As Matinés do Principal
Por Alejandro Espiño |