O Salón do Libro encherá as rúas de Pontevedra de arte urbana cun Laboratorio Creativo
O XXIV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra contará cunha 'Troca de libros' e un Laboratorio Creativo, un espazo de participación e creación vencellado á arte urbana. Este mércores tivo lugar a presentación destas actividades na que estiveron presentes Carme Fouces, concelleira de Cultura; David Castro, director do I.E.S. Torrente Ballester; e Iria Rodríguez, unha das fundadoras da asociación Galpón Lab.
A 'Troca de libros' levarase a cabo o domingo 23 de abril, Día do Libro no Pazo da Cultura. O obxectivo desta iniciativa é, segundo Castro, "darle una nueva vida a todos los libros que tenemos en casa, que ya hemos leído y con los que ya no queremos contar". Esta actividade conta coa participación de 15 centros educativos de infantil, primaria e secundaria que "ha aumento considerablemente".
O director do Torrente Ballester incidiu en que a única condición para intercambiar os libros é que estean conservados en bo estado. Este ano, todos os tipos de libros, pasando por ensaios e manuais, serán aceptados agás as enciclopedias.
A iniciativa contará coa novidade da 'Troca Exprés' que se levará a cabo directamente desde o Salón do Libro e estará activa durante a semana do 24 ao 30 de abril. Calquera persoa que queira participar poderá levar un libro e intercambialo cos expostos nos centros ou conseguir un vale para trocar con outro libro.
Por outra parte, da man da asociación do Galpón Lab, levarase a cabo un Laboratorio Creativo. Dous artistas, que se elixirán nunha convocatoria que estará aberta desde este xoves 16 de marzo ata o 7 de abril, actuarán na semana do luns 24 ao 30 de abril realizando un xogo e un diálogo entre eles e coa cidadanía vinculadas á arte urbana.
A convocatoria está orientada a todo tipo de artistas emerxentes con prácticas que poidan ser adaptadas á pintura nos espazos de mobiliario urbano dispoñibles para esta práctica. Deben ser maiores de idade e residir en Galicia para poder participar xa que, segundo Iria Rodríguez, se pagará a manutención e o desprazamento.
Relacionadas:
-
Abre un Salón do Libro que promete "dar máis xogo que nunca"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Un texto de Manuel Lourenzo reúne nunha exposición do Museo a catro artistas
Por Redacción |
-
Laura Tova e Noemí Llantada, as seleccionadas polo Salón do Libro para darlle cor á Boa Vila
-
Este é o programa completo do Salón do Libro
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Un lobo anda solto pola Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
Dous premios nacionais de literatura para dar lustre ao quinto Congreso de Mediación Lectora
Por Redacción |
-
O ilustrador Iván Rodríguez unifica o xogo coa lectura no cartel do Salón do Libro 2023
Por Redacción |
-
Os 'Libros para xogar' do próximo Salón buscan quen os ilustre
Por Redacción |