Luis Piedrahita presentará 'Es mi palabra contra la mía' no Auditorio de Vilagarcía en xuño
Por Redacción
O coñecido humorista galego Luis Piedrahita ofrecerá o 3 de xuño no Auditorio Municipal de Vilagarcía o seu novo espectáculo, que leva por título 'Es mi palabra contra la mía'.
A función comezará ás 21.00 horas e o monólogo recoméndase para maiores de 12 anos. As entradas xa se atopan á venda en Ataquilla ao prezo de 18 e 15 euros, máis gastos de xestión.
Piedrahita ofrece nesta proposta escénica os motivos polos que ninguén está contento co que lle tocou na vida, con reflexións e improvisacións meticulosamente ensaiadas.
O humorista coruñés é colaborador e guionista do programa El hormiguero 3.0 e traballou tamén como guionista e colaborador no club da comedia. T
amén escribiu e dirixiu, con Rodrigo Sopeña, a longametraxe 'La habitación de Fermat', obtendo premios nacionais e internacionais con proxeccións en máis de cincuenta países.