O Certame de Microteatro de Memoria Histórica escríbese con letra de muller
Este luns 20 de marzo, a deputada de Memoria Histórica, María Ortega, o director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), Roberto Relova, e a secretaria do xurado e a escritora Inma Lopez Silva formaron parte da entrega do premio da 3ª edición de Certame de Microteatro de Memoria Histórica a Susana Villaverde García, na Deputación de Pontevedra.
María Ortega expón que o obxectivo deste premio é "achegar a memoria a todas aquelas persoas que de seu non se achegan a memoria". Este premio está dedicado a "xente que non asiste a charlas sobre a represión franquista e os duros anos que sufriu o pobo galego".
Un dos coletivos aos que se refire Ortega é á mocidade e afirma que "sen a mocidade o noso país non vai ser nada".
Susana Villaverde é unha alumna da ESADg e o seu relato foi elixido porque "toca tres eixos fundamentais, desde unha perspectiva de xénero, clase e país, pasando polas tres temáticas con moito rigor e dende a súa vivencia persoal proxectando unha imaxe de o que o pobo sufriu nesa época", afirma Ortega.
Inma López Silva comenta que "este premio naceu fai anos como un premio de teatro radiofónico, decidimos logo convertelo nun premio de microteatro para darlle mais amplitude".
Finalmente acabou sendo un premio focalizado na memoria histórica, xa que era un tema necesario que abordar, afirma López.
A escritoria e secretaria do xurado explica que o texto de Susana Villaverde "foi indubidable para o xurado e tiña todas esas dimensións de ser capaz de tratar a cuestión da memoria desde unha perspectiva de xénero e desde unha perspectiva de clase".
López recalca que no texto demóstrase que a represión da ditadura era algo máis que unha guerra, "as vítimas foron as persoas que simplemente sufrían e trataban de sobrevivir".
A secretaria do xurado comentou que foi unha sopresa que fose unha estudante xa que, "sabemos que se presenta muita xente, non está reducido nin a ESADg nin a ningún grupo de idade, podería haber todo tipo de textos, problablemte textos de grandes nomes no teatro galego, pero a alegría de que hai futuro, foi especial".
O director da ESADg comenta que "a escola é un referente no noso país por moitísimas cuestións como a calidade, a entrega, o talento que ten o alumnado, pero tamén por como se vive o tema do feminismo e o tema dá comunidade LGTBI".
Relova contou unha anécdota que viviu mentres lle deu clase á gañadora do premio e explica que aprendeu moito de Villaverde e das súas compañeiras.
Susana Villaverde, gañadora do premio, agradeceu ás mulleres da súa familia e "a todas aquelas que viñeron antes ca min e que son as que me permitiron coñecer a historia e, por tanto, situarme fronte a ela e abordala"
A obra gañadora 'Espigas Negras', explica que é unha peza que xurdiu de unha comuñón entre o íntimo e o documental, abordando a historia destas mulleres de 1946" e de como afrontaron a situación do racionamento.
Villaverde finaliza o seu discruso dicindo que "escribo esta peza para lembrala a ela e a todas as que viñeron antes ca min, que son as que me permiten escribir e estar aquí".
Nos tres anos en que se realiza este certame, as tres persoas gañadoras foron mulleres.
Relacionadas:
-
Universidade e Deputación revalidan a súa alianza para combater a desigualdade de xénero no ámbito dixital
Por Redacción |
-
A Deputación publica o diario do activista de Vilaboa José Casal mentres estivo preso en San Simón
Por Redacción |
-
Conmemoración do centenario de Xosé Conde Corbal
Por Oskar Viéitez |
-
Abren a terceira liña de axudas da Deputación para retirar simboloxía franquista nos concellos da provincia
Por Redacción |
-
En marcha unha nova edición do Certame de Microteatro da Memoria
Por Redacción |
-
Haberá novos pases do microteatro 'Un biolo na noite' ante o éxito de público na estrea
Por Redacción |
-
'Un biolo na noite', peza gañadora do I premio provincial Microteatro da Memoria, estréase o 2 de febreiro
Por Redacción |