José Malvárez, o historietista saído do Garaxe Hermético, estrea a súa nova novela gráfica
O historietista José Malvárez presenta a súa nova novela gráfica Incoloro: A profecía dos sangues, unha banda deseñada que o autor ideou como proxecto final no seu último ano de estudos no Garaxe Hermético, a escola dirixida por Kiko Da Silva.
Tras lograr ser finalista no Premio Garaxe Hermético no ano 2021, o historietista lanzouse a publicar a súa obra neste mes de marzo de 2023 baixo a editorial Xerais, incluíndoa na colección Merlín.
Tal e como explica o seu autor, esta novela gráfica está influenciada por videoxogos como Final Fantasy; mangas como Nausicäa, de Hayao Miyazaki, ou Fenix, de Osamu Tezuka; e películas como Cristal Oscuro, de Jim Henson, ou Dragonheart, de Rob Cohen.
A obra baséase nunha historia de fantasía medieval, dirixida especialmente a un público xuvenil, que conta a historia de Uply, unha moza que chega ás terras de Aórtica no medio dun conflito entre os seus habitantes.
Relacionadas:
-
Estas son as Plumas de Ouro e de Prata e o Premio de Fin de Curso do Garaxe Hermético
Por Oskar Viéitez |
-
Premiados tres alumnos do Garaxe Hermético
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación homenaxea o debuxante Xaquín Marín coa publicación de "Gaspariño XXI"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Profesionais da banda deseñada formados na Facultade de Belas Artes protagonizan unha exposición
Por Redacción |
-
As primeiras Xornadas de Banda Deseñada chegan a Pontevedra baixo o nome de BDra Gráfica
Por Álvaro Arosa Barco |