Regresa Sofar Sounds coa súa segunda cita en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Tras o éxito do seu debut en Pontevedra, o pasado 29 de xaneiro, Sofar Sounds está de volta. Esta cita a cegas coa música celebrará a súa segunda edición na cidade este venres 31 de marzo, a partir das sete e media da tarde.
Como é habitual, ata 36 horas da cita o público non saberá o escenario no que se desenvolverán os concertos. Será, unha vez máis, un espazo inesperado que non adoita ser recinto para actuacións musicais deste tipo.
Na súa estrea, foi o espazo de coworking Planeta29 o que acabou reconvertido para a ocasión nun improvisado escenario.
E, como non podía ser doutra maneira, ao ter a música como protagonista, Sofar Sounds volverá reunir a tres artistas emerxentes, con estilos completamente diferentes entre si.
A cantautora viguesa Sanny, o británico Adrian Timms e Enxeito, unha banda que mestura ritmos do funk, o rock ou o rap coas melodías do soul, foron os elixidos para o Sofar Sounds do pasado mes de xaneiro.
As entradas para esta experiencia musical están aínda á venda, a un prezo de 14 euros.
Relacionadas:
-
RADIO.- Helena Egea busca o seu oco musical referenciada por grandes voces femininas
Por Redacción |
-
Lidia Aldao, Allova e André Busker Neves para un Sofar Sounds que 'redescobre' o Museo
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Así foi a estrea de Sofar Sounds en Pontevedra, unha cita a cegas coa música
Por Alejandro Espiño |
-
Actuacións sorpresa en lugares inesperados, a comunidade Sofar Sounds chega a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |