Así soa "Sensacional", o primeiro adianto do novo EP de La Casa de los Ingleses
O grupo pontevedrés La Casa de los Ingleses acaba de publicar este xoves 30 de marzo Sensacional, unha canción chea de matices sonoros co amor como tema principal.
Tanto o videoclip como a canción se atopan dispoñibles en todas as plataformas dixitais do grupo, que foron adiantando pequenas pinceladas durante os días previos nas súas redes sociais.
O videoclip, que corre a cargo de Producciones Mutantes, presenta unha curtametraxe cunha estética moi coidada e que nos conta unha historia ao revés. Tal e como explica o grupo, o vídeo convida o espectador a velo varias veces para descubrir todos os detalles.
A canción, que foi producida e mesturada por Juan Hernández de Ronettstudio, e masterizada por Carlos Hernández Nombela, forma parte do seu terceiro traballo como grupo, o cal se espera para o mes de xuño.
Este terceiro EP chega tras a publicación de Punto de partida (2015) e La Tierra es plana (2018).
Desde La Casa de los Ingleses explican que este traballo autoeditado presenta atmosferas cheas de texturas, guitarras electrizantes, melodías contaxiosas e letras que van desde o amor ata a crítica social e a reflexión existencial.
Relacionadas:
-
"Veinte minutos antes del fin del mundo", o novo EP de La Casa de los Ingleses
Por Alejandro Espiño |
-
La Casa de los Ingleses presentará o seu novo traballo o sábado 13 en Sala Karma
Por Redacción |
-
La Casa de los Ingleses lanza 'El Mesías', unha "patada na cara" aos "novos deuses" dixitais
Por Alejandro Espiño |
-
Unha versión de "Anduriña", a nova canción de La Casa de los Ingleses
Por Alba Feijoo Alonso |