Volve a Aña Urbana este sábado 1 de abril con música e forza rural
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Carme da Silva, concelleira de Festas, presentaba este xoves o retorno de Aña Urbana, un evento que se recupera no Concello de Pontevedra despois dos anos marcados pola pandemia da covid-19.
A cita será este sábado 1 de abril na carpa que se instalará na Praza do Concello cunha programación chea de actividades desde as 11.00 horas ata as 01.00, máis de doce horas onde o protagonismo será da música tradicional, con rutas pola cidade e charlas didácticas.
A asociación cultural Trépia encárgase da organización desta proposta, que volverá ser unha festa "por todo o alto", segundo Carla Riquelme, representante do colectivo, que destaca o traballo en comunidade que se esconde tras esta iniciativa que leva máis de dez edicións celebrándose no mes de abril e recollendo a esencia da terra.
A programación prevista é a seguinte:
• 11.00 horas - Apertura da carpa
• 11.30 horas - Sorteo itinerario roteiros (grupos participantes)
• 12.00 horas - Roteiro por grupos polo centro histórico
• 14.00 horas - Pausa para xantar
• 15.00 horas - Obradoiro de Regueifa (con Rabelo e Alba María)
• 17.00 horas - Obradoiro de toques de leghón (con Xandre Outeiro)
• 17.30 horas - Obradoiro de baile do ramo (con Álvaro Carballo)
• 18.00 horas - Faladoiro con Luís Prego
• 19.00 horas - Actuación da Escola A. C. Trépia
• 21.00 horas - Concerto (Abril)
• 22.00 horas - Concerto (Pan Sen Fron)
• 23.00 horas - Serán (micro aberto)
• 01.00 horas - Feche da carpa