'Música nas Letras', un certame que mestura o talento musical actual coa lírica das grandes autoras galegas
Por Redacción
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio), que este ano homenaxean a Francisco Fernández del Riego, e co obxectivo e de incentivar o uso da lingua galega na música creada e interpretada no municipio, o Concello de Pontevedra convoca un novo certame musical aberto baixo o nome de 'Música nas Letras 2023'.
As bases do certame son sinxelas, as bandas ou artistas participantes deberán musicar, con composicións orixinais, un poema ou mestura libre de versos da autoría dalgunhas das figuras homenaxeadas nas Letras Galegas desde o ano 1963 até este 2023.
Calquera xénero ou estilo musical da banda será aceptado, abonda con acreditar ter un compoñente de Pontevedra.
Os grupos ou solistas participantes remitir ao enderezo snl@pontevedra.gal a súa proposta creativa nun formato de audio (mp3, wav, Flac...) xunto cos datos da banda: nome e compoñentes, datos de contacto e fotocopia do DNI ou volante de empadroamento que certifique a nomeada residencia en Pontevedra dun dos membros.
Toda esta documentación deberá ser remitida antes do 2 de maio de 2023 e un xurado, composto por profesionais do sector cultural, seleccionará os grupos finalistas.
Estas tres agrupacións finalistas deberán interpretar a súa composición o 17 de maio, nun acto público organizado polo Concello, intre no que tamén terá lugar a entrega de premios, sendo o primeiro de 1.000 euros, o segundo de 500 euros e o terceiro de 250 euros. Ademais, tamén haberá un premio do público consistente nun lote de libros, outorgado segundo os votos emitidos entre o 3 e o 15 de maio a través do Instagram @lingua_pontevedra
Relacionadas:
-
Javier Lago e Raúl Ben, gañadores do certame Música nas Letras
Por Alejandro Espiño |
-
O Museo conmemora as Letras Galegas con obradoiros escolares e unha visita guiada
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Ya el pasado dirá' se Shakespeare chegou á costa pontevedresa e o seu legado segue aquí
Por Marisa Ciordia |
-
Volve a Aña Urbana este sábado 1 de abril con música e forza rural
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os Cantos de Taberna volven este venres da man de Peis d’hos
Por Oskar Viéitez |
-
Música e memoria histórica van da man a través de vinte estudantes
Por Redacción |