RADIO.- PontevedraViva Radio leva a 'Xeración Sónica' aos seus podcast

Por Redacción
Les Poubelles, Ornitorrincos, Malo Será, Vermes, Rek y Simpsonhead son os seis proxectos que se consolidan na quinta edición de Xeración Sónica.
Trátase do proxecto anual que promove a Concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra e a través do cal, mozos e mozas da cidade únense en equipos creativos que dan lugar a formacións artísticas como as sinaladas.
Estas formacións artísticas comezan a dar os seus primeiros pasos; isto é, a identificarse como banda, cun estilo e crear as súas primeiras cancións, coa tutela de tres monitores: Gonzalo Maceira, Violeta Mosquera e Alejandro Alonso.
Ademais, realizan os seus primeiros directos grazas a iniciativas culturais que tamén se promocionan desde a cidade como o Surfing the Lérez, o Galegote Rock, Músicas nas Letras, etc... ou de colaboracións xa consolidadas con iniciativas doutros lugares como polo exemplo a Escola de Rock de Paredes de Coura.
PontevedraViva Radio visibiliza o traballo que alumnos e titores desenvolven no Local de Música de Pontevedra.
Nos capítulos dos podcast Xeración Sónica iranse coñecendo as inquietudes artísticas, aprendizaxe e experiencias destas promesas pontevedresas; así como os puntos de partida e obxectivos que se van cumprindo e que explican os adultos do proxecto.
Semanalmente, os venres ás 18.00 horas emitirase cada episodio no streaming que poderá escoitarse e descargar unha vez finalizado o programa desde a web de PontevedraViva Radio.
Relacionadas:
-
Seis bandas de Xeración Sónica participarán no Vira Fest de Paredes de Coura
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Xeración Sónica inicia a súa quinta aventura coa ilusión de facer de Pontevedra "un novo Liverpool"
Por Manu Otero |
-
Spotify e Apple Music publican o terceiro recompilatorio de Xeración Sónica
Por Oskar Viéitez |